Visita ao Mosteiro de Caaveiro

Publicado por a 31 mayo, 2018

O sábado 16 de xuño, dentro das actividades denominadas «Percorrendo os Museos…», visitaremos o Mosteiro de Caaveiro para realizar un paseo polo Eume.

O traslado realizarase en coches particulares (necesítanse voluntarios dispostos ao traslado de catro persoas con eles incluídos). Precísanse 5 coches x 4 persoas en cada un = 20 persoas máximo (o de Javier Novelle será un deles).

O programa do día é o seguinte:
09.00 Saída do aparcadoiro do Aquarium Finisterrae
09.45  Café no Pumar de Pontedeume
10.15 Visita ao Centro de Recepción de visitantes do Parque das Fragas do Eume
11.00 Paseo polo Eume e subida ao Mosteiro de Caaveiro
13.00 Volta á Coruña
14.00 Chegada aproximada

Nesta ocasión dispomos de 20 prazas, que serán asignadas por orde de inscrición. Para inscribirse nesta actividade é preciso chamar a Javier Novelle ao 639 651 131 para coordinar a actividade.