Visita á Laracha

Publicado por a 24 septiembre, 2018

O sábado 6 de outubro do 2018, dentro das actividades tituladas «Percorrendo os Museos…», imos visitar o Museo dos Muiños e o Mosteiro de Soandres na Laracha. O traslado realizarase en coches particulares (necesítanse voluntarios dispostos ao traslado de catro persoas con eles incluídos). Necesítanse 5 coches x 4 persoas en cada un = 20 persoas máximo (o do Presidente é un deles).

O programa do día é o seguinte:
09.30. Reunímonos  na explanada do Aquarium Finisterrae
09.45. Salimos cara á Laracha
10.15. Chegamos á Laracha. Posteriormente subimos ao mirador de Santa Marta que presenta unhas vistas espectaculares.
11.30. Visita guiada ao Museo dos Muíños, en Golmar
12.30. Visita guiada (polo cura da parroquia) ao Mosteiro en Soandres.
13.30. Finalizada a visita e saímos cara á Coruña.

Nesta ocasión dispoñemos de 20 prazas, que serán asignadas por orde de inscripción.
Para inscribirse  nesta actividade é preciso chamar a Javier Novelle, no 639 651 131.

CreativeQuico