Viaxe ao Morrazo

Publicado por a 24 agosto, 2019

Dentro da actividade denominada Redescubrindo Galicia, o sábado 21 de setembro de 2019 faremos un percorrido pola península do Morrazo.
O programa do día é o seguinte:
08.30 h. Saída desde o aparcamento do Aquarium Finisterrae
10.30 h. Chegada a Bueu (café correspondente)
11:00 h. Visita ao Museo Massó (fábrica de consevas) e á capela dos Santos Reis (relacionada con Lugrís)
12.30 h. Imos visitar  a finca de Frendoal ou «bosque encantado», para os da zona.
15.00 h. Comida no restaurante Capitán de Aldán, co seguinte menú: de entrante tortilla, croquetas e empanada da casa, despois polo asado ou xamón asado (segundo dispoñibilidade) con patacas e ensalada. Una postre sinxelo e bebidas.
16.30 h. Finalizada a comida, imos a Cangas a visitar o cruceiro de Hío e a igrexa de San Andrés (adxacente).
17.30 h. Subimos ao Miradoiro de cabo do Home que esta a medio camiño da subida ao monte do Facho
19.00 h. Volvémonos para á Coruña
21.00 h. Chegada aproximada á Coruña
Temos 25 prazas. O custo da viaxe, todo incluído (autobús, guía e comida), é de 45 € os socios e 50 € os non socios. Antes de ingresar o diñeiro é preciso chamar a Javier Novelle (639 651 131) para comprobar que quedan prazas libres. Para inscribirse hai que facer o ingreso correspondente na conta (IBAN): ES77 2080 0099 3230 4000 6699, indicando nome ou nomes dos asistentes á viaxe, un teléfono de contacto e comunicar devandito ingreso a Javier Novelle.
CreativeQuico