Viaxe ao Grove

Publicado por a 7 octubre, 2018

Dentro da actividade denominada «Redescubrindo Galicia», o sábado 27 de outubro de 2018 achegarémonos ao Grove.

O programa do día é o seguinte:
08.30. Saída desde o aparcadoiro do Aquarium Finisterrae
10.30. Chegada ao Grove
11:00. Visita á Capela da Nosa Señora da Lanzada, vistas sobre a illa de Ons e a propia praia. Ademais subimos ao monte Siradella onde se aprecia unha vista da zona.
12.30.Visita guiada ao Museo da Salgadura «Salgadeiras de Moreira».
14.30. Comida no Grove, no Restaurante Viana co seguinte menú: de entrada tortilla españolla, empanada galega e lagostinos cocidos. Prato principal: xamón asado. Ademais de sobremesa, pan, bebida e café.
16.30. Visita guiada ao Acuario do Grove.
18.00. Ímonos á illa da Toxa para visitar a Aldea de Os Grobits.
19.00. Finalizada a visita, volvemos para A Coruña.
21.00. Chegada aproximada a Coruña.

Hai 25 prazas. O custo da viaxe, todo incluído (autobús, guía e comida), é de 50€ os socios e 55 € os non socios. Antes de ingresar o diñeiro hai que comprobar que quedan plazas chamando a Javier Novelle (639 651 131). Para inscribirse hai que facer o ingreso na contra (IBAN): ES77 2080 0099 3230 4000 6699, indicando nome ou nomes dos asistentes á viaxe, un teléfono de contacto e comunicar devandito ingreso a Javier Novelle ao 639 651 131.

CreativeQuico