Viaxe ao camiño do Ézaro

Publicado por a 10 febrero, 2020

Dentro da actividade denominada «Redescubrindo Galicia», o sábado 22 de febreiro de 2020 faremos o camiño do Ézaro co seguinte programa:

08.30 h. Saída desde o aparcadoiro do Aquarium Finisterrae
09.30 h. Parada para café en Coristanco
10.00 h. Visita á curiosa fervenza de Castriz
11.00 h. Visita á ponte romana de Bradomil en Zas.
11.45 h. Visita ao dolmen da Piadosa
13.00 h.Visitamos a igrexa románica de Santa María de Morquintián
14.00 h. Comida en Muxía no restaurante A Furna co siguientge menú: Para abrir boca, mexillóns á brasa no seu zume ao estilo Furna, de primeiro prato zamburiñas ao forno con salsa rechupete, de segundo bacallau á brasa sobre cebola caramelizada con sal afumado e patacas chips. De sobremesa torta de queixo ao forno de brasa.
16.00 h. Imos ás Caldeiras do Castro
17.45 h. Chegaremos á fervenza do Ézaro
18.45 h. Volvémonos para á Coruña
20.15 h. Chegada aproximada á Coruña
>> Temos 25 prazas. O custo da viaxe, todo incluído (autobús, comida, guia, …), é de 45 € os socios e 50 € os non socios. Antes de ingresar o diñeiro hai que chamar a Javier Novelle ao 639 651 131 para comprobar que quedan prazas libres. Para inscribirse hai que facer o ingreso na conta (IBAN): ES77 2080 0099 3230 4000 6699, indicando nome ou nomes dos asistentes á viaxe, un teléfono de contacto e comunicar devandito ingreso a Javier Novelle ao 639 651 131.
CreativeQuico