Viaxe a Vigo (Suspendido)

Publicado por a 14 mayo, 2019

Dentro da actividade denominada Redescubrindo Galicia, o sábado 25 de maio achegarémonos a Vigo.
O programa do día é o seguinte:
08.00 horas. Saída desde o aparcadoiro do Aquarium Finisterrae
09.30 horas. Chegada a Vigo ao centro comercial A Laxe. Tomaremos un café.
10.00 horas. Comezamos o paseo guiado: antiga muralla de Vigo, Náutico (estatua de Julio Verne), alameda, areal e edificio Bonín.
11.00 horas. Visita guiada ás Salinas e a continuación seguimos o percorrido ata a Farola de Urzáiz, Príncipe, Velázquez Moreno e Policarpo Sanz.
13.00 horas. Visita guiada á Fundación Laxeiro
14.00 horas. Seguimos percorrido: Teatro García Barbón, Porta do Sol, Edificio do Colexio de Arquitectos de Galicia…
15.00 horas. Paramos para comer en Peregrinus Pulpeira e Churrasqueria co seguinte menú: pulpo á feira, ameixas á mariñeira, gambón e asador mixto, sobremesa caseira e bebidas.
16.30 horas. Imos a Castrelos para visitar os xardíns e o Pazo Quiñones de León e o Museo de Arqueoloxía. 18.30 horas. Finalizamos a visita a Vigo e volvémonos para a Coruña
20.30 horas. Chegada aproximada a Coruña.
Temos 25 prazas. O custo da viaxe todo incluído (autobús, entradas, guía, visitas, comida …) é de 45 € os socios e 50 € os non socios. Antes de ingresar o diñeiro hai que chamar a Javier Novelle (639 651 131) para comprobar que quedan prazas libres. Para inscribirse hai que facer o ingreso na conta (IBAN): ES77 2080 0099 3230 4000 6699, indicando nome ou nomes dos asistentes á viaxe, un teléfono de contacto e comunicar devandito ingreso a Javier Novelle ao 639 651 131.
CreativeQuico