Viaxe a Tui (completo)

Publicado por a 29 septiembre, 2019

Dentro da actividade denominada Redescubrindo Galicia, o sábado 26 de outubro de 2019 achegarémonos a Tui.

O programa do día é o seguinte:

08.30 h. Saída desde o aparcamento do Aquarium Finisterrae.
10.30 h. Chegada aproximada a Tui e pausa para café.
11.00 h. Visita guiada por María Pardo á catedral de Santa María, e a continuación breve percorrido pola zona xudía, centro histórico e paseo fluvial.
13.30 h. Visita á Adega Lameiro. Breve percorrido polo proceso de produción dos viños. Cata dos mesmos acompañados duns petiscos.
15.00 h. Comida na tapería O Albergue. Imos tomar o menú do día con dous pratos de primeiro e de segundo para elixir, máis a sobremesa e bebida
16.30 h. Paseo pola senda do río Lagartón de 1,5 km aproximadamente, con parada previa para visitar A Ponte da Veiga (ponte romana remodelada na idade media), que cruza o río Louro.
18.30 h. Volvemos para A Coruña
20.30 h. Chegada proximada.

Temos 25 prazas. O custo da viaxe, todo incluído (autobús, guía e comida), é de 50 € os socios e 55 € os non socios. Antes de ingresar o diñeiro hai que confirmar que quedan prazas libres. Para inscribirse hai que facer o ingreso na conta (IBAN): ES77 2080 0099 3230 4000 6699, indicando nome ou nomes dos asistentes á viaxe, un teléfono de contacto e comunicar devandito ingreso a Javier Novelle ao 639 651 131.

CreativeQuico