Viaxe a Taramundi

Publicado por a 2 abril, 2019


Dentro da actividade denominada «Redescubrindo Galicia», o sábado 27 de abril achegarémonos a Taramundi.

O programa do día é o seguinte:
08.15 h. Saída desde o aparcadoiro do Aquarium Finisterrae.
10.30 h. Chegada a Taramundi e café en La Rectoral.
11:15 h. Visita ao Museo Etnográfico de Esquíos, con traballo en taller de forxa.
12.30 h. Visita ao espectacular Museo Molinos Mazonovo.
14.00 h. Comida en Restaurante Mazonovo co seguinte menú: Fabada asturiana, Troitas fritas con pataca frita e arroz con leite, cafés, vino, …
16.00 h.Visita ao Museo da Cuchillería, en Pardiñas.
17.00 h. Paseo por Taramundi con plano da localidade. Xacemento arqueolóxico de Os Castros e percorrido polas súas rúas e tendas.
18.30. Volta para A Coruña.
20.30. Chegada aproximada á Coruña.

Hai 25 prazas. O custo da viaxe, todo incluído (autobús, visitas, comida, …), é de 45 € os socios e 50 € os non socios. Antes de ingresar o diñeiro hai que comprobar que quedan prazas libres chamando ao 639 651 131. Para inscribirse é necesario facer o ingreso na conta (IBAN): ES77 2080 0099 3230 4000 6699, indicando nome ou nomes dos asistentes á viaxe, un teléfono de contacto e comunicar devandito ingreso a Javier Novelle ao 639 651 131.

CreativeQuico