Viaxe a Ferrol

Publicado por a 16 enero, 2018


Dentro da actividade denominada Redescubrindo Galicia, o sábado 27 de xaneiro iremos a Ferrol por segunda vez para, de maneira guiada, pasear polos seus barrios e facer algunhas visitas máis.

O programa é o seguinte:
08.30. Saída desde do aparcamento do Acuario
09.30. Unha vez en Ferrol, reunímonos coa nosa guía, para a continuación facer unha visita peonil polo Ferrol Modernista, a influencia da Ilustración e o século XVIII na cidade: Ferrol Vello, Barrio da Magdalena, a obra de Rodolfo Ucha, Teatro Jofre (se é posible), o antigo Hospital da Caridade, o antigo Goberno Militar e a Concatedral de San Xulián.
12.00. Nun microbús, faremos a ruta da costa visitando o castelo de San Felipe.
14.00. Comida no Restaurante A Malata en Punta Arnela s/n co menú suguiente: Tortilla, Luras, Empanada e Croquetas; Codillo con patacas; Torta; Café, Chupitos, Rioja crianza, Ribeiro, Cervexa, Refrescos e Auga.
16.30. Finalizada a comida ímonos a visitar o Cuartel de Dores e Fontelonga.
17.30. Daremos un paseo polo Barrio de Canido para ver as súas famosas Meninas á tardiña.
18.30. Visitaremos o segundo piso de Exponav, cunha exposición permanente relativa a faros e sinais.
20.30. Chegada aproximada á Coruña

Hai 25 prazas. O custo da viaxe, todo incluído (autobús, guía e comida), é de 45€ os socios e 50€ os non socios. Antes de ingresar o diñeiro, hai que chamar a Javier Novelle (639 651 131) para comprobar que quedan prazas libres. Para inscribirse, é preciso facer un ingreso na contra (IBAN): ES77 2080 0099 3230 4000 6699, indicando nome ou nomes dos asistentes á viaxe, un teléfono de contacto e comunicar devandito ingreso a Javier Novelle (639 651 131).

CreativeQuico