Viaxe a Estaca de Bares (COMPLETO)

Publicado por a 5 febrero, 2019

Cabo de Estaca de Bares no municipio de Mañón

Dentro da actividade denominada «Redescubrindo Galicia», o sábado 23 de febreiro achegarémonos a parte norte de Lugo, a Estaca de Bares e arredores.

O programa do día é o seguinte:
08.30 h Saída desde o aparcadoiro do Aquarium Finisterrae.
10.00 h Visita ao mosteiro San Martiño de Xuvia (Mosteiro do Couto)
11.15  h Visita guiada ao castelo de Cedeira.
12.00 h Saímos para Ortigueira a realizar unha visita interesante. Despois iremos a Loiba, concretamente ao banco coa mellor vista do mundo (disque).
12.45 h Chegados a Estaca de Bares, visitaremos o conxunto de muíños de auga con canle de alimentación e o faro
14.00 h Baixamos ao Porto de Bares onde hai un dique fenicio. E aquí comeremos no restaurante «O Centro» co seguinte menú: fideos con mexillóns, tenreira asada, sobremesa e café.
16.00 h Paseo por Fuciño do Porco pasando polo Miradoiro da Coriscada.
18.30 h Finalizada a visita volvémonos para Coruña.
20.30 h Chegada aproximada á Coruña

Hai 25 prazas. O custo da viaxe, todo incluído, é de 45 € os socios e 50 € os non socios. Antes de ingresar o diñeiro é necesario chamar a Javier Novelle (639 651 131) para comprobar que quedan prazas libres. Para inscribirse é necesario facer o ingreso na conta (IBAN): ES77 2080 0099 3230 4000 6699, indicando nome ou nomes dos asistentes á viaxe, un teléfono de contacto e, despois, comunicar o devandito ingreso a Javier Novelle ao 639 651 131.

Desexas traducir un documento

CreativeQuico