Viaxe longa a Luarca

Publicado por a 24 mayo, 2019

A viaxe longa deste ano será a Luarca os día 21, 22 e 23 de xuño de 2019.

O programa resumido é o seguinte:

Venres, día 21 de xuño
15.00. Saída desde o aparcadoiro do Aquarium Finisterrae.
18.00. Chegada a Luarca e toma de posesión do Hotel.
18.30. Paseo guiado por Luarca: Palacio de los marqueses de
Gamoneda, Casino, Ayuntamiento, Puente del Beso, Mirador de
El Chano, Mirador de La Funial y casonas de indianos… (para o paseo usaremos o microbús e as pernas durante 2 horas aproximadamente).
21.00. Volta ao hotel e cea libre.

Sábado día 22 de xuño:
08.30. Almorzo.
09.00. Poñémonos en marcha cara a Villayón para visitar a fervenza de Oneta. (camiñata de 20 minutos con dificultade baixa).
11.00. Estaremos de volta en Luarca para visitar o Museo Etnográfico e o que quedase pendente da tarde de onte (o cemiterio, a mesa de mareantes e navegantes, o palacio dos marqueses de Ferrera e a exposición permanente de Severo Ochoa).
14.30. Comida en Luarca.
16.30. Volvémonos poñer en marcha para visitar os xardíns «Fonte
Baixa» se hai opción, o cabo e faro de Busto, e o Observatorio
Astronómico de Muñás (soamente coñecelo, non facer observación) e os acantilados de Oviñana.
 21.00. Finalizamos o percorrido e volta ao hotel. Cea libre,

Domingo día 23 de xuño:
08.15. Almorzo.
08.45. Saída cara a La Mata (Valdés).
09.00. Visita guiada al parque da Vida.
11.30. Imos a Puerto Vega e despois dun cafe, paseo guiado polo pobo: Mirador ballenero, casa onde morreu Jovellenos, almenas no dique, retablos churriguerescos, acantilados de Vigo (soamente velos) e vista da plaia de Barayo (desde o miradoiro).
14.30. Comida en Puerto Vega.
16.00. Volvémonos para a Coruña
19.00 Chegada aproximada.

Temos 25 prazas. Para asistir é preciso chamar a Javier Novelle ao teléfono 639 651 131.

CreativeQuico