Seguindo o curso do río Tambre

Publicado por a 7 marzo, 2020

Dentro da actividade denominada Redescubrindo Galicia, o sábado 25 de abril imos seguir o curso do río Tambre.

O programa do día é o seguinte:

08.30 h Saída do Aquarium Finisterrae.
09.30 h Parada técnica para tomar unha café.
10.15 h Visita guiada á central do Tambre. Paseo polos arredores.
12.30 h Imos ver a ponte Nafonso. Ponte medieval que cruza o estuario do Tambre.
13.15 h Cruzaremos a ponte que atravesa a ría de Noia e dirixirémonos a Porto do Son, a comer.
14.00 h Comida en Porto do Son no asador Hórreo. Co seguinte menú: tortilla, luras e mexillóns ao vapor; despois churrasco mixto con patacas, criollo e ensalada; sobremesa e bebidas.
16.00 h Visitamos o Castro de Baroña
17.30 h Parada en San Xusto de Toxosoutos para ver os restos dun mosteiro e unha fervenza
18.00 h De volta á Coruña pararemos no pazo de Santa Cruz de Rivadulla (Vedra).
20.30 h Chegada aproximada á Coruña

Hai 25 prazas. O custo da viaxe, todo incluído (autobús, visitas, comida, guía…), é de 50 € os socios e 55 € os non socios. Antes de ingresar o diñeiro hai que chamar a Javier Novelle ao 639 651 131  para comprobar que quedan prazas libres. Para inscribirse hai que facer o ingreso na conta (IBAN): ES77 2080 0099 3230 4000 6699, indicando nome ou nomes dos asistentes á viaxe, un teléfono de contacto e comunicar devandito ingreso a Javier Novelle.

CreativeQuico