Saída á Cidade da Cultura – Gaiás

Publicado por a 17 abril, 2019

O sábado día 11 de maio, dentro das actividades denominadas «Percorrendo museos e sitios de interese», imos visitar o «Gaiás Secreto» en Santiago de Compostela. Unha visita ás entrañas da Cidade da Cultura e as súas estruturas.
O traslado farémolo en autobús, co seguinte programa:
10.00 h. Saída do aparcadoiro do Aquarium Finisterrae
11.00 h. Chegada a Santiago e café correspondente
11.30 h. Visita ao Gaiás
13.00 h. Final do percorrido e volta para A Coruña
14.15 h. Chegada aproximada á Coruña
Nesta ocasión dispoñemos de 20 prazas, que serán asignadas por orde de inscrición. Para inscribirse nesta actividade é preciso chamar a Javier Novelle no 639 651 131.

 

CreativeQuico