Salida a Betanzos (COMPLETA)

Publicado por a 28 diciembre, 2018

Dentro da actividade denominada «Redescubriendo Galicia», o sábado 26 de xaneiro de 2019 achegarémonos á vila dos cabaleiros: Betanzos.

O programa é o seguinte:
09:00
Saída do aparcadoiro do Aquarium Finisterrae, acompañados da nosa guía. No camiño, parada para tomar un café.
10:00 Segunda parada en San Pedro das Viñas para visitar o Santuario das Angustias.
10:30 Dirixímonos a Tiobre para visitar a igrexa románica parroquial de San Martiño de Tiobre.
12:00 Chegando á vila dos cabaleiros, achegarémonos a visitar o santuario de Nosa Señora do Camiño. Despois, comezaremos un percorrido polo Betanzos modernista.
14.30 Comida en Betanzos co seguinte menú: Tortilla de Betanzos / Croquetas de xamón / Ensalada de amorodos, xamón e queixo. Tenreira asada con patatines. Sobremesa, viños, auga, refrescos e café.
16.30 Finalizada a comida imos visitar de maneira guiada, o Centro internacional da Estampa (CIEC).
18.00 No Museo das Mariñas, a Nosa guía faranos algúns comentarios sobre as pezas máis destacadas que alberga.
19.30 Daremos por finalizada a visita e volveremos para A Coruña
20.00 Chegada aproximada á Coruña

Temos 25 prazas. O custo da viaxe, todo incluído (autobús, guía e comida), é de 45 € os socios e 50 € os non socios. Antes de ingresar o diñeiro hai que chamar a Javier Novelle (639 651 131) para comprobar de que quedan prazas libres. Para inscribirse hai que facer o ingreso na conta (IBAN): ES77 2080 0099 3230 4000 6699, indicando nome ou nomes dos asistentes á viaxe, un teléfono de contacto e comunicar devandito ingreso a Javier Novelle (639 651 131).

CreativeQuico