Saída micolóxica 2019

Publicado por a 1 noviembre, 2019

Despois duns días de choiva, a excursión micolóxica da AACC no 2019 será o domingo 10 de novembro, preto de Sobrado dos Monxes.

O programa do día é o seguinte:
10.45 h: punto de encontro na Cafetería Praza de Sobrado dos Monxes.
11.00 h: desprazamento ata o lugar de recollida de fungos, onde Carlos Franco Aradas fará unha introducción desde un punto de vista botánico, para posteriormente dar un paseo na búsqueda e captura de cogomelos.
13.00 h: reunión de todos os participantes nun área de descanso, e contando coa axuda de José Antonio Díaz Núñez, presidente do Grupo Micolóxico Galego, poñeremos en común a experiencia e os cogomelos atopados.
14.00: finalizaremos a actividade

É aconsellable levar roupa cómoda, calzado para andar polo monte e ropa para a auga ou paraugas en caso de chova. Nesta ocasión non hai limitación de prazas, aínda que é preciso avisar a Javier Novelle no 639 651 131 para ter unha idea dos que nos imos a desprazar á actividade.

CreativeQuico