Saída micolóxica 2019

Publicado por a 8 diciembre, 2019

Por Manuela Méndez

Chegamos a Sobrado dos Monxes chovendo, pero iso é o que ten o outono, choiva, por sorte pra nós porque queremos setas e pra que nazcan ten que chover. Xuntámonos no punto de reunión, tomamos un rico café con tortilla para coller folgos e guiados por Antonio Prunell dirixímonos cara a finca.

Unha vez alí reunidos, Carlos Franco fixo unha breve introdución e deunos as directrices de como recoller os cogumelos, pra posterior identificación, sen expoliar o monte.

A choiva convertérase en orballo que non parou en toda a mañán pero iso non lle restou diversión a xornada. Os máis cativos disfrutaron saltando nos charcos (e algún adulto tamén) case tanto coma de descubrir e recoller decenas de especies diferentes.

Rematamos ó mediodía poñendo en común todas as especies recollidas para a sua identificación coa axuda do presidente do grupo micolóxico galego José Antonio Díaz Núñez, ou como nós o coñecemos cariñosamente “Machiño”.

De seguro que algún cativo sairá experto en micoloxía despois destas xornadas tan divertidas e enriquecedoras.

E se chove que chova!

CreativeQuico