Viaxe ao Románico de Chantada (PRAZAS ESGOTADAS)

Publicado por a 24 julio, 2018

Dentro da actividade que denominamos «Redescubrindo Galicia», o sábado 22 de setembro de 2018 achegarémonos ao Románico de Chantada.

O programa do día é o seguinte:

08.30. Saída desde do aparcamento do Aquarium Finisterrae
10.30. Chegada a Chantada.
11:00. Ímonos a visitar a igrexa de Santa María de Pesqueiras. Hai que ir con calzado cómodo xa que temos un paseo sinxelo dun 800 m. No camiño temos unha boa vista do encoro de Belesar. Despois dirixirémonos a San Salvador de Asma nos arredores de Chantada.
14.00. Comida en Restaurante A Faragulla en Chantada co seguinte menú: Cunca de caldo galego con nabizas, Cachucha e lacón prensados ao modo antigo, Rolo de carne braseado, Presa de porco á brasa, Torta de améndoa artesá con xeado de café e caramelo de brandy.
16.00. Ao finalizar a comida dirixirémonos a visitar Santa María de Nogueira de Miño. Igrexa románica na que destacan as súas pinturas murais do século XVI.
17.00. Visita a unha adega: Vía Romana que dispón dunha paisaxe espectacular sobre o río Miño.
19.00. A esta hora aproximadamente daremos por finalizada a visita e volvémonos para A Coruña
21.00. Chegada aproximada á Coruña

Hai 25 prazas. O custo da viaxe, todo incluído (autobús, guía e comida), é de 50€ os socios e 55€ os non socios. Antes de ingresar o diñeiro debe comprobarse (chamando a Javier Novelle ao 639 651 131) de que quedan prazas libres. Para inscribirse hai que facer o ingreso na conta (IBAN): ES77 2080 0099 3230 4000 6699, indicando nome ou nomes dos asistentes á viaxe, un teléfono de contacto e comunicar devandito ingreso a Javier Novelle ao 639 651 131.

CreativeQuico