Recollida de premios do concurso de debuxo sobre a doazón de sangre na Domus

Publicado por a 17 junio, 2015

CIENCIA EN LA CALLE 2015 054
A Domus da Coruña acolleu o 9 de xuño o acto de entrega de premios aos gañadores do concurso de debuxo sobre a doazón de sangue que tivo lugar o pasado 9 de maio no Parque de Santa Margarita, dentro das actividades que se desenvolveron con motivo do “XX Día da Ciencia na Rúa”.

Os gañadores das dúas categorías (7 a 9 anos e 10 a 12 anos) do concurso de debuxo foron: Tania Lago Ferreiro e María Rodríguez Cabo, respectivamente que percibiron sendos cheques–regalo por valor de 75€. Asemade, os nenos Jesús López Novo e Nerea Franco Rojo, resultaron finalistas na categoría de 7 a 9 anos, mentres que na categoría de 10 a 12 anos quedaron coma finalistas Ana Amil Martínez e Marta Rodríguez Cabo. Todos eles recibiron cheques regalo por valor de 50€.

Campaña de sensibilización
No transcurso do acto, que contou coa presenza de responsables da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, da Irmandade de Doadores de Sangue de A Coruña e do Centro de Transfusión de Galicia (CTG), salientouse a calidade dos máis de trescentos traballos presentados, que evidenciaban a sensibilidade dos máis novos polo solidario xesto da doazón.

O responsable da unidade de Promoción do Centro de Transfusión de Galicia, Antonio Carcedo, salientou a importancia de incentivar o desenvolvemento de actividades destinadas a promover unha conciencia solidaria proclive á doazón de sangue entre os galegos e galegas máis novos e que se converterán nos doadores do futuro.

CIENCIA EN LA CALLE 2015 052-2

CreativeQuico