Mellor traballo na XXIII edición do Día da Ciencia na Rúa

Publicado por a 27 mayo, 2018

Con motivo dos 25 anos da AACC, premiamos o mellor traballo presentado no XXIII Día da Ciencia na Rúa. Consistiu nun vale de 200 € para usar en FNAC.

Paz Freire, profesora encargada da jaima do IES de Zalaeta coméntanos en que consistía o traballo:

«O proxecto de deseño e impresión 3D nace da idea de buscar solucións para problemas cotiáns das persoas cegas. Solucións que serán compartidas e imprimibles por calquera que dispoña dunha impresora 3D.

Redeseñamos algúns xogos para adaptalos as persoas con problemas visuais (o cubo de Rubik con texturas, taboleiro de damas en relevo, taboleiro de 3 en raia e fichas, dados en braille, xogos de cartas con relevos…).

Primeiro investigamos posibilidades e construímos prototipos (cartón, tea…) despois deseñamos no computador modificando deseños para que fosen imprimibles. Outros deseños de obxectos de axuda son pastilleros cos días da semana, marco para firmas, vaso para cepilos de dentes…

Tamén seleccionamos obxectos de axuda xa existentes e redeseñámolos para que fosen facilmente imprimibles.

Participan neste proxecto alumn@s de Tecnoloxía de 3º de ESO e Bacharelato.

Compartimos algunhas destas actividades, encadradas no proxecto “Deseñando e producindo sons” co colexio Nosa Sra de Lourdes (Aspronaga)».

O alumno premiado pola súa “desenvoltura” na presentación do proxecto foi Díego Fernández Gómez.

CreativeQuico