Olimpíada de xogos de enxeño

Publicado por a 30 August, 2021


A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias organiza, en colaboración coa Asociación Galega de Xadrecistas, a Olimpíada Xogos Enxeño, que se desenvolverá os tres primeiros fins de semana de setembro no exterior da Casa das Ciencias, no parque de Santa Margarida da Coruña.

Haberá partidas libres, clases de iniciación e torneo de partidas rápidas de xadrez e damas os días 4 e 5 e 11 e 12, respectivamente. O terceiro fin de semana, os días 18 e 19, celebraranse dúas sesións de torneo do xogo Go, con explicacións e partidas en taboleiro reducido. A Olimpíada terá horario de tarde todos os días, entre as 16.30 e as 18.30 horas.

A inscrición, para persoas de calquera idade e ata 10 por cada fin de semana, está xa aberta a través deste formulario

Tamén é necesario cubrir, firmar e levar o día da actividade este documento de protocolo COVID-19

Inicio actividade
Esta actividade marca o inicio das actividades da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias despois de máis dun ano de paralización pola pandemia. O presidente, Julio Casal González, asegura que tanto nesta Olimpíada como no resto de eventos que se organizarán en vindeiras semanas garantiranse «todas as medidas de seguridade» con respecto á COVID-19. Casal prevé desvelar en pouco tempo novas actividades familiares, como visitas á natureza ou observacións astronómicas, así como viaxes artísticas ou culturais para adultos.

CreativeQuico