Visita ao Museo de Man en Camelle

Publicado por a 24 julio, 2018

O sábado 8 de setembro do 2018, dentro das actividades que titulamos «Percorrendo os Museos…», imos visitar o Museo de Man en Camelle e o do encaixe en Camariñas.

O traslado realizarase en coches particulares (necesítanse volutanrios que estén dispostos ao traslado de catro persoas con eles incluídos). Necesitaríanse 5 coches x 4 persoas en cada un = 20 persoas máximo. O do presidente da AACC, Javier Novelle, é un deles.

O programa do día é o seguinte:

08.15 .- Reunímonos no aparcamento do Aquarium Finisterrae.
08.30.- Saímos cara a Vimianzo (Ponte do Porco) para ver se podemos visitar un hórreo moi curioso.
10.30.- Chegada a Camelle.
11.00 .- Visita ao Museo de Man e arredores. Ao finalizar ímonos a Camariñas.
12.30.- Visita ao Museo do Encaixe, e ao finalizar regresamos para Coruña para estar na cidade sobre as 14.00/14.30 horas.

Nesta ocasión dispomos de 20 prazas, que serán asignadas por orde de inscrición.
Para inscribirse nesta actividade é preciso chamar a Javier Novelle ao 639 651 131.

CreativeQuico