Visita Museo Minas de San Finx

Publicado por a 20 febrero, 2018


O sábado día 3 de marzo, dentro das actividades denominadas “Percorrendo os Museos…”, imos visitar o Museo das Minas de San Finx en Lousame. O traslado realizarase en coches particulares (necesítanse volutanrios dispostos ao traslado de catro persoas con eles incluídos). Fan falta 5 coches x 4 persoas en cada un = 20 persoas máximo. (Un coche será o de Javier Novelle, presidente da AACC).

O programa do día é o seguinte:
09.00.- Punto de reunión no aparcadoiro do Aquarium Finisterrae, desde onde sairemos a Lousame.
10.30.- Chegada aproximada a Lousame. Café antes da visita ao museo.
11.00.- Visita ao museo que consta de dous edificios pequenos e unha explicación guiada sobre o que foron as minas.
12.00.- Finalización aproximada.
13.30.- Chegada aproximada á Coruña

Dispoñemos de 20 prazas, que serán asignadas por orde de inscrición. A duración da actividade será de catro horas e media aproximadamente. Para inscribirse é preciso chamar a Javier Novelle ao 639 651 131.