Crónica da entrega de premios do concurso de debuxo sobre a doazón de sangue

Publicado por a 27 junio, 2017

A CASA DO HOME DA CORUÑA ACOLLEU A ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE DEBUXO SOBRE A DOAZÓN DE SANGUE DO “XXII DÍA DA CIENCIA NA RÚA”
· Máis de 300 rapaces participaron no certame organizado pola a Axencia de
Doazón de Órganos e Sangue e a Irmandade de Doadores de Sangue
A Coruña, 5 de xuño de 2017.- A Casa do Home da Coruña acolleu esta tarde o acto de entrega de premios aos gañadores do concurso de debuxo sobre a doazón de sangue que tivo lugar o pasado 6 de maio no Parque de Santa Margarita, dentro das actividades que se desenvolveron con motivo do “XXII Día da Ciencia na Rúa”.
Os gañadores das dúas categorías (7 a 9 anos e 10 a 12 anos) do concurso de debuxo foron:

Pedro González Lomoutseva e Noa Martínez Justo. Asemade, os nenos Uxía Vilariño Lage e Sara Coronel Larrea, resultaron finalistas na categoría de 7 a 9 anos, mentres que na categoría de 10 a 12 anos quedaron coma finalistas Noa González Reimeúndez e Daniel García Martínez. Todos eles recibiron cheques regalo e diplomas acreditativos.
Campaña de sensibilización
No transcurso do acto, que contou coa presenza de responsables da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e da Irmandade de Doadores de Sangue de A Coruña, salientouse a calidade dos máis de trescentos traballos presentados, que evidenciaban a sensibilidade dos máis novos a prol do solidario xesto da doazón.
A directora de ADOS, Marisa López García, subliñou a importancia de incentivar o desenvolvemento de actividades destinadas a promover unha conciencia solidaria proclive á doazón de sangue entre os galegos e galegas máis novos e que se converterán nos doadores do futuro. Nesta liña, salientou a directora de ADOS, estase a traballar con centros educativos de ensino infantil e primaria de toda Galicia dentro da campaña “Mensaxeiros
Solidarios” que está a potenciar o coñecemento do solidario xesto da doazón no eido educativo.
SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

Foto dos premiados

Debuxo de Daniel García Martínez

Debuxo de Noa González Reimundez

Debuxo de Noa Martínez Justo

Debuxo de Pedro González Lomoutseva

Debuxo de Sara Coronel Larrea

Debuxo de Uxía Vilariño Lage

CreativeQuico