Durmindo con tiburóns 2019

Publicado por a 1 diciembre, 2019

Un novo Nadal poñemos en marcha esta clásica actividade. Pensada só para os socios e socias infantís en idades comprendidas entre os 7 e os 11 años, ten un custo de 25 euros por participante. En Durmindo con tiburóns trátase de realizar diferentes talleres relacionados coa bioloxía destes e outros peixes, para ao final acabar durmindo na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae.
Desenvólvese desde as 20.00 horas do venres 20 de decembro  ata as 11.00 horas do sábado 21, cando as persoas participantes deberán ser recollidas na entrada do Aquarium. Dispoñemos de 20 prazas, en exclusiva para nenos e nenas que teñan a condición de socios. Non se admitirán a familiares.
A inscripción será por rigorosa orde de chamada a Javier Novelle ao teléfono 639 651 131 que, de quedar praza e comprobada a identidade do socio/a, indicará que se realice o ingreso na conta ES77 2080 0099 3230 4000 6699, indicando nome ou nomes das persoas participantes e a actividade á que se destina, ademais dun teléfono de contacto.
CreativeQuico