Crónica entrega de premios doantes de sangue 2019

Publicado por a 19 agosto, 2019

O certame organizado pola a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e a
Irmandade de Doadores de Sangue permitiu aos máis pequenos e pequenas
aportar a súa visión sobre este xesto solidario

A Casa do Home da Coruña acolleu esta tarde o acto de entrega de premios aos gañadores do concurso de debuxo sobre a doazón de sangue que tivo lugar o pasado 4 de maio no Parque de Santa Margarita, dentro das actividades que se desenvolveron con motivo do “XXIV Día da Ciencia na Rúa”.

Os gañadores das dúas categorías (7 a 9 anos e 10 a 12 anos) do concurso de debuxo foron: Julia Rodríguez Castro e Sara García Dapena. Asemade, os nenos Gonzalo Diéguez Vilela e Martín Vecino Montoya, resultaron finalistas na categoría de 7 a 9 anos, mentres que na categoría de 10 a 12 anos quedaron coma finalistas Nora Couto Rodríguez e Lucía Varela Janeiro. Todos eles recibiron os agasallos correspondente a súa categoría e diplomas acreditativos.

Campaña de sensibilización

No transcurso do acto, que contou coa presenza de responsables da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e da Irmandade de Doadores de Sangue de A Coruña, salientouse a calidade dos traballos presentados, que evidenciaban a sensibilidade dos máis novos a prol do solidario xesto da doazón. Ademais, salientouse a elevada participación desta edición que duplicou o número de debuxos con respecto ao ano anterior, acadando unha cifra de ao redor de 700 traballos presentados.

A directora de ADOS, Marisa López García, subliñou a importancia de incentivar o desenvolvemento de actividades destinadas a promover unha conciencia solidaria proclive á doazón de sangue entre os galegos e galegas máis novos e que se converterán nos doadores do futuro. Nesta liña, salientou a directora de ADOS, estase a traballar con centros educativos de ensino infantil e primaria de toda Galicia dentro da campaña “Mensaxeiros Solidarios” que está a potenciar o coñecemento do solidario xesto da doazón no eido educativo.

CreativeQuico