Charla de Carlos Franco no Parque de Santa Margarita

Publicado por a 31 mayo, 2018

 


O xoves 14 de xuño ás 19:00 no Parque de Santa Margarita, dentro do ciclo de conferencias polo 25 aniversario da AACC, Carlos Franco Aradas dará a charla «Natureza Urbana: Parque de Santa Margarita».

Será un diálogo sobre a presenza de espazos “naturais” nunha contorna urbana, as especies representadas neste parque, a súa orixe, usos e a súa presenza en Galicia. Neste parque temos a oportunidade de ver exemplares vexetais de moi diversos lugares do mundo, algúns moi estendidos e por tanto coñecidos, e outros cun uso menos habitual na contorna da nosa cidade, desde Eucaliptus a Pinsapos, o que nos permite cambiar impresións sobre a súa ecoloxía e estratexias de xestión.

Carlos Franco é Enxeñeiro Técnico Forestal pola Universidade de Santiago de Compostela e responsable de actividades da AACC. Actualmente desenvolve a súa actividade profesional no Parque Natural das Fragas do Eume.