Actividades premiadas no XXIV día da ciencia na rúa 2019

Publicado por a 26 julio, 2019

Despois dun percorrido por todo o Parque revisando os traballos das diferentes jaimas, o xurado encargado de valorar estes traballos ha decidiuo premiar os seguintes:
Do alumnado de Ensino Secundario.
Á actividade: Microplásticos. Presentada por dúas alumnas (Ana e Lucía) do Colexio Calasanz – PP. Escolapios.
Criterio:
As alumnas que nos presentaron a actividade dominan o tema a un nivel elevado, transmiten con seguridade e convencemento, responden de inmediato ás preguntas que lle presentamos e son conscientes da magnitude actual do problema que representa a utilización excesiva de plásticos e das negativas consecuencias futuras.
Teñen a presentación ben estruturada en dúas partes (plásticos e microplásticos) e dispoñen de materiais (fichas, carteis, microscopio, obxectos da vida cotiá…) que complementan e afianzan o seu discurso. Mostran os problemas e ofrecen algunhas alternativas de solución.

Do alumnado de Infantil / Primaria
Á actividade: Debuxos animados.
Presentada por unha profesora e varios nenos e nenas do ColeXio Salesianos San Juan Bosco.
Criterio:
As nenas e nenos participan na presentación da actividade seguindo as directrices da súa profesora.
A actividade destaca pola súa sinxeleza e o impacto que causa o resultado inesperado, pois resulta descoñecida e innovadora á maioría dos visitantes.
Os elementos necesarios para levala a cabo son fáciles de atopar: un prato, un rotulador, un vaso con auga e un anaco de papel.
Este é o reto: Pintar un debuxo sinxelo sobre o prato, “despegalo” do prato cunha pouca auga e “colocar” o deseño sobre o papel.

CreativeQuico