Visita guiada a «Derrubando muros con pintura» en Carballo

Publicado por a 29 octubre, 2018

O sábado 10 de novembro do 2018, dentro das actividades denominadas «Percorrendo os Museos…», imos realizar unha visita guiada a Carballo para admirar o traballo «Derrubando Muros con pintura». O traslado realizarase en coches particulares (necesítanse volutanrios que esten dispostos ao traslado de 4 persoas con eles incluídos) Necesitaríanse 5 coches x 4 persoas en cada un = 20 persoas máximo (1 coche será o de Javier Novelle).

O programa é o seguinte:
09.00. Saída do Aquarium Finisterrae
10.00. En Carballo, e preto do Museo de Bergantiños, tomaremos un café para a continuación comezar o percorrido, que durará unhas 2 horas.
13.00. Damos por finalizada a visita e volvemos para Coruña

Nesta ocasión, dispomos de 20 prazas, que serán asignadas por orde de inscrición.

Para inscribirse nesta actividade é preciso chamar a Javier Novelle ao 639 651 131.

CreativeQuico