Visita teatralizada ás Torres do Allo (Zas)

Publicado por a 29 octubre, 2017


O sábado 4 de novembro do 2017, dentro das actividades denominadas “Percorrendo os Museos…”, visitaremos de maneira teatralizada as Torres do Allo, preto de Baio, no Concello de Zas. O traslado realizarase en coches particulares (necesítanse voluntarios que estean dispostos ao traslado de catro persoas con eles incluídos). Precisaríanse 5 coches x 4 persoas en cada un = 20 persoas máximo (un coche é o de Javier Novelle).

O programa do día é o seguinte:
09.30. Reunímonos no aparcamento Aquarium Finiterrae para organizarnos en cada coche e desprazarnos ata as Torres do Allo.
11.00. Visita guiada e teatralizada cunha duración aproximada de 60 minutos.

Nesta ocasión dispoñemos de 20 prazas, que serán asignadas por orde de inscrición. Para inscribirse nesta actividade é preciso chamar a Javier Novelle ao 639 651 131.