Visita aos Petróglifos de Vilarmaior

Publicado por a 23 marzo, 2018

O sábado 7 de abril, dentro das actividades que titulamos «Percorrendo os Museos…», visitaremos os Petróglifos de Vilarmaior en Terra de Trasancos (A Coruña).

O traslado realizarase en coches particulares (son necesarios voluntarios dispostos ao traslado de catro persoas con eles incluídos). Precisamos 5 coches x 4 persoas en cada un = 20 persoas máximo (1 coche será o de Javier Novelle).

O programa do día é o seguinte:
09.30. Punto de encontro no aparcadoiro do Aquarium Finisterrae.
10.30. Café en Vilarmaior.
11.00. Visita guiada, cunha duración aproximada de 90 minutos.

Como sempre, dispomos de 20 prazas, que serán asignadas por orde de inscrición. Para inscribirse nesta actividade é necesario chamar a Javier Novelle ao 639 651 131.