Visita a Vimianzo

Publicado por a 14 noviembre, 2017

O sábado 16 de decembro, dentro das actividades denominadas “Percorrendo os Museos…”, imos visitar o conxunto etnográfico do Mosquetín e o Castelo medieval de Vimianzo. O traslado realizarase en coches particulares (necesitamos voluntarios que estean dispostos ao traslado de catro persoas con eles incluídos). Son precisos 5 coches x 4 persoas en cada un = 20 persoas máximo (un coche é o de Javier Novelle).

O programa do día é o seguinte:
09.25. Punto de reunión no aparcadoiro do Aquarium Finisterrae para dirixirnos á zona.
11.00. Visita guiada ao conxunto etnográfico.
12.30. Visita teatralizada ao Castelo Medieval de Vimianzo.
13.30. Regreso á Coruña

Nesta ocasión dispoñemos de 20 prazas, que serán asignadas por orde de inscrición. Para inscribirse nesta actividade é preciso chamar a Javier Novelle no 639 651 131.