Visita a San Cristóbal de Cerqueda (Malpica)

Publicado por a 4 octubre, 2017


O sábado 14 de outubro, dentro das actividades denominadas “Percorrendo os Museos…”, imos realizar unha visita guiada, por unha persoa do equipo de asesoramento de «un mar de camiños», a San Cristóbal de Cerqueda (Malpica).
Realizaremos o traslado en coches particulares (necesitamos voluntarios dispostos a levar a catro persoas, con eles incluídos, no seu coche). Necesitariamos 5 coches x 4 persoas en cada un = 20 persoas máximo (un coche é o de Javier Novelle).
O programa do día é o seguinte:
09.30. O punto de reunión é o aparcamento do Aquarium Finisterrae. Unha vez distribuídos nos coches, dirixirémonos a San Cristóbal de Cerqueda.
10.30. Chegada ao restaurante «Á Brasa» en Folgueira (Cerqueda).
11.00. Visita a Pedra da Arca e á Mamoa de Folgueira.
11.30. Visita á Croa do Castro.
12.00. Visita ao Rego dos Muiños (regato costeiro, muiños, xeoloxía e naufraxios).
13.00. Fin da visita e regreso á Coruña.
Dispoñemos de 20 prazas. Serán asignadas por orde de inscrición. Para anotarse nesta actividade é preciso chamar a Javier Novelle ao 639 651 131.