Visita a Corme

Publicado por a 3 julio, 2017


O sábado 9 de setembro, dentro da actividade “Percorrendo os Museos…”, imos realizar unha visita guiada ao Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte, que a Fundación Torre-Pujales ten en Corme.

O traslado realizarase en coches particulares (necesitase voluntarios dispostos ao traslado de catro persoas con eles incluídos). Necesítanse 5 coches x 4 persoas en cada un = 20 persoas máximo (un coche é o do Presidente da AACC, Javier Novelle).

O programa é o seguinte:
09.30. Punto de encontro no aparcadoiro do Aquarium Finisterrae  para organizarnos en cada coche e desprazarnos ata Corme.
11.00. Visita guiada ao museo, cunha duración aproximada de 60 minutos.

Nesta ocasión dispoñemos de 20 prazas, que serán asignadas por orde de inscripción. Para inscribirse nesta actividade é preciso chamar a Javier Novelle ao 639 651 131.