Viaxe a Baiona

Publicado por a 16 abril, 2018

Dentro da actividade «Redescubrindo Galicia», o sábado 21 de abril  faremos unha excursión á localidade pontevedresa de Baiona. O programa do día é o seguinte:

08.30. Saída desde o aparcadoiro do Aquarium Finisterrae.
10.30. Chegada a Baiona e descanso para un café.
11:00. Visita con guía pola Fortaleza de Monterreal, no Monte Boi.
12.00. Paseo polo centro histórico, declarado conxunto de interese histórico-artístico.
14.00. Comida no Restaurante «La Colegiata» co seguinte menú: Chipirones, Tortilla, Croquetas, Lagostinos, Lombo en salsa de cogomelos con patacas e ensalada, Torta xeada e viños da casa, cafés e chupitos.
16.30. Percorrido panorámico para finalizar nos muíños de Baredo cun paseo de 750 metros aproximadamente. Se dá tempo, sacarémonos unha foto na Virxe da Roca.
17.30. A esta hora aproximadamente, dirixirémonos cara á Estación Rupestre Outeiro dos Lameiros.
19.00. Finalizada a visita, volvemos para A Coruña.
21.00  Chegada aproximada a Coruña.

Hai 25 prazas. O custo da viaxe, todo incluído (autobús, entradas a  fortaleza + comida e visitas), é de 50€ os socios e 55€ os non socios. Antes de ingresar o diñeiro hai que chamar a Javier Novelle, para comprobar que quedan prazas libres. Para inscribirse é necesario facer o ingreso na contra (IBAN): ES77 2080 0099 3230 4000 6699, indicando nome ou nomes dos asistentes á viaxe, un teléfono de contacto e comunicar devandito ingreso a Javier Novelle ao 639 651 131.