Excursión a Quiroga (Plazas agotadas)

Publicado por a 4 noviembre, 2017


Dentro da actividade denominada «Redescubriendo Galicia», o sábado 25 de novembro iremos a Quiroga para introducirnos na arqueologia e xeoloxía da zona.
O programa é o seguinte:
08.00. Saída desde o aparcamento do Aquarium Finisterrae.
10.00. Chegada a Pobra do Brollón.
10.30. Na compañía dun guía-arqueólogo faremos a “Ruta da Minería Aurífera”, que comprende unha primeira parada en Margaride, unha segunda en Quiroga e unha terceira en Montefurado.
14.00. Volvemos a Quiroga para comer no restaurante Chapakuña 3.
16.00. Imos visitar, desde un punto de vista arqueolóxico, o Castelo de Torrenovaes.
17.00. Visita guiada ao Museo Xeolóxico de Quiroga.
18.30. Volvemos para A Coruña.
20.30. Chegada aproximada.
>>Temos 25 prazas. O custo da viaxe, todo incluído (autobús, guía e comida), é de 50€ os socios e 55€ os non socios. Antes de ingresar o diñeiro, hai que chamar a Javier Novelle para comprobar que quedan prazas libres. Para inscribirse é necesario facer o ingreso na conta (IBAN): ES77 2080 0099 3230 4000 6699, indicando nome ou nomes dos asistentes á viaxe, un teléfono de contacto e comunicar o ingreso a Javier Novelle ao 639 651 131.