Excursión a Caldas de Reis

Publicado por a 10 mayo, 2018

Dentro da actividade denominada «Redescubrindo Galicia», o sábado 26 de maio achegarémonos a Caldas de Rei.

O programa do día é o seguinte:
09.00. Saída desde do aparcadoiro do Aquarium Finisterrae.
10.30. Chegada a Caldas de Rei e café para empezar a xornada.
11:00. Imos visitar os muíños de Parafita e a fervenza de Raxoi en Valga. Despois volveremos para ver a fervenza de Segade en Caldas, á cal accederemos mediante un paseo pola beira do Umia, pasando pola Carballeira e Xardín de Caldas.
14.30. Comida na Taberna O Muiño.
17.00. Visita a Barosa en Barro, conxunto de muíños e Castro de Castrolandin en Cuntis, máis paseo pola localidade.
19.00. Finalizada a visita volvémonos para a A Coruña.
20.30 Chegada aproximada a A Coruña.

Hai 25 prazas. O custo da viaxe, todo incluído (autobús, entradas, guía, visitas, comida, …), é de 40€ os socios e 50€ os non socios. Antes de ingresar o diñeiro é preciso chamar a Javier Novelle (639 651 131) para comprobar que quedan prazas libres. Para inscribirse hai que facer o ingreso na contra (IBAN): ES77 2080 0099 3230 4000 6699, indicando nome ou nomes dos asistentes á viaxe, un teléfono de contacto e comunicar devandito ingreso a Javier Novelle no 639 651 131.