Charla de Borja Tosar

Publicado por a 3 abril, 2018

Co título «Terraformación de Marte», o astrofísico Borja Tosar dará una charla no Planetario da Casa das Ciencias o xoves 12 de abril ás 19:00.

Marte é o planeta máis próximo á Terra, tamén é o máis parecido, aínda así, se alguén baixase desde unha nave espacial á súa superficie sen o adecuado traxe espacial, tardaría apenas 20 segundos en desmayarse pola falta de osíxeno e uns poucos minutos en morrer.

Durante esta conferencia, descubriremos por que atrae tanto o marciano, cales son os misterios do planeta vermello e se algún día poderemos chegar a vivir nel e quizais, só quizais, a través de enxeñaría planetaria ser capaces de transformar a súa atmosfera e superficie para facelo habitable nun proceso chamado Terraformación. Xa temos tecnoloxía para cambiar planetas, os efectos da actividade humana, como o cambio climático, son boa proba.

>> Borja Tosar realizou a súa Tese de Fin de Máster de Astrofísica na Universidade de Valencia sobre a Terraformación de Marte.